Hosting por dinahosting.

O “reuma”.

icno reumaO concepto de reuma non existe, é un termo que está socialmente estendido pero existe un gran descoñecemento do que este concepto significa, en primeiro lugar habería que falar de reumatismos ou enfermidades reumáticas, xa que non se trata dunha única patoloxía senón dun conxunto de doenzas que afectan ao aparello locomotor (músculos, osos e articulacións).

reumaExisten máis de duascentas enfermidades reumáticas diferentes, de orixe e prognóstico diverso e cun tratamento específico para cada unha. Todas elas afectan ao aparello locomotor e en xeral se caracterizan por provocar dor intensa e rixidez ou tumefacción a quen as padece.As patoloxías que engloba o reumatismo conlevan alteración físicas en quen as padece, producindo diversos graos de deterioro corporal e invalidez. Son progresivas e dolorosas, pásase paulatina ou bruscamente dunha plena capacidade motriz e funcional a unha incapacidade parcial ou total.

A figura do Médico Reumatólogo

estetoscopioO reumatólogo é o médico internista que se dedica ao diagnóstico e tratamento das enfermidades do aparello locomotor.Moitas persoas pensan que o especialista do aparello locomotor é o traumatólogo. Este erro é debido ao noso sistema sanitario que estableceu a traumatoloxía como primeira canle de acceso. O reumatólogo é o especialista que debe valorar as enfermidades reumáticas e prescribir o seu tratamento e o traumatólogo é un especialista cuxo campo de actuación diríxese cara o tratamento cirúrxico ou ortopédico das enfermidades que aparecen no aparello locomotor, ben de causa traumática (fracturas, escordaduras,…) ou para intervir as secuelas que o tratamento médico non logrou evitar nas enfermidades reumáticas.É por isto que, cando se padece unha enfermidade do aparello locomotor, débese acudir primeiro ao reumatólogo e, se o tratamento médico é insuficiente, o reumatólogo remitiranos ao traumatólogo para que valore unha posible intervención.

Doenzas Reumáticas / Tratamentos