Hosting por dinahosting.
ene 24

 Sábado 25 Xaneiro – 12:00 horas – Cidade da Cultura de Galicia – Sala Eisenman – Santiago de Compostela.

Presentación do proxecto Ligaflash,promovido pola Liga Reumatolóxica Galega.

Ligaflash é un traballo fotográfico que se vai realizar ó longo deste 2014 coa colaboración dun equipo de fotógrafos Galegos que traballarán coa finalidade de dar visibilidade ás doenzas reumáticas e ás persoas que as padecen, a través das súas instantáneas.

O proxecto conta con dous padriños de excepción: A actriz Galega Teté Delgado e o deportista Fernando Romay.