Hosting por dinahosting.
abr 09

O vindeiro mercores 14 de abril , entre as 17.00 e 18.30 horas , terá lugar un coloquio informativo sobre o programa deportivo “Bule con Alcer” dirixido a persoas con doenzas crónicas.Contaremos coa presenza da Traballadora Social e a Coordinadora de Alcer Coruña que nos ofrecerán a posibilidad de participar neste programa.O coloquio terá luigar na  Sala de Xuntas da 4ª planta do edificio de Caixanova, sito en Avda. da Marina s/n, esquina Rúa Fama, na Coruña. O aforo é limitado polo que prégase confirmar asistencia no teléfono da Liga 981236586, no horario habitual da oficina.

abr 09

A proposta de actividades para este ano querémola centrar en aspectos positivos –humor, creatividade, imaxinación-  que contribúen a mellorar o benestar das persoas.

Comezamos en abril por un obradoiro de Musicoterapia, xoves 8 e 15  en horario de 17.30 a 19.00, no Centro Cívico do Castrillón que está na Praza de Pablo Iglesias.Os xoves 22 e 29 terá lugar un obradoiro de Memoria, no mesmo horario de 17.30 a 19.00 , e no mesmo lugar.Para mais información chamade o teléfono da Liga , 981 236586 no horario habitual da oficina.