Hosting por dinahosting.
mar 17

§       O vindeiro 23 de marzo terá lugar no auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia unha tertulia sobre a Fisioterapia na Reumatoloxía, na que contamos coa colaboración do profesor Jose Luis Aristín e a doutora Isabel Yañez, da Escola Universitaria da Coruña. Os ponentes estarán encantados de aclarar tódalas dudas que se plantexen acerca do concepto da fisioterapia, a relación da mesma coas enfermidades reumáticas e os seus métodos e técnicas de actuación.

Data e horario: martes 23 de marzo de 17.00 a 19.00 horas. Lugar de celebración: Sede da Fundación Caixa Galicia, Cantón Grande, 21-24.  É preciso confirmar asistencia no tfno 981 23 65 86 entre as 8.00 e as 15.00 horas de luns a venres, ou no enderezo info@ligagalega.org , xa que o aforo é limitado.