Hosting por dinahosting.
jun 02

LAS ENFERMEDADES REUMÁTICAS:PERSPECTIVAS PARA EL SIGLO XXI”

Na semana do 29 de Xuño ao 3 de Xullo a Liga Reumatolóxica Galega organiza este seminario en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, na sede deste Universidade en A Coruña. O curso está codirixido pola nosa Presidenta Doña Rosa Capeáns Carballo e por o Doctor Xenaro Graña Gil, reumatólogo do CHUAC.

Neste seminario se abordarán as doenzas reumáticas dende unha perspectiva integral, tendo coma obxectivo afondar nos principais avances que se están a acadar no eido da Reumatoloxía e da investigación en torno a estas doenzas.

A temática das conferencias e mesas redondas é moi variada: tratamento e farmacoloxía das doenzas reumáticas, sintomatoloxía asociada, manifestacións da enfermidade, impacto socioeconómico; contando coa participación ao longo de todo o seminario con profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional, non só da reumatoloxía, senón tamén da investigación xenética, a mediciña nuclear, a dermatoloxía e o mundo do deporte, entre outros.

Xa está aberto o prazo de inscripción e pódese consultar toda a información sobre o programa completo, a matriculación e a solicitude de bolsas neste enlace:

http://www.uimp.es/uimp/home/homeUIMPdina.php?jcj=ACADEMICAS_FICHA&juj=2003&jpj=IdActividad=7920319&pg=1&orden=6&lan=es