Hosting por dinahosting.
jun 29


A Liga Reumatolóxica Galega celebrará o vindeiro  vernes 13 , no Teatro Rosalia Castro de A Coruña, unha gala benéfica na que se representará a obra de Manuel Lourenzo “TRANSILVANIA” a cargo da Compañía CARFAX Teatro.

A Liga Reumatolóxica Galega é unha entidade sen ánimo de lucro formada por personas con enfermedades reumáticas (artrite, artrosis, espondilite,…), familiares e profesionais , que traballan co obxectivo de ofrecer soporte e asesoramento as persoas afectadas por estas doenzas  de toda Galicia , a prol de mellorar a sua calidade de vida.

As entradas poderán adquirirse de xeito anticipado nas billeteiras do propio teatro ROSALIA, nas billeteiras municipais da praza de Ourense ou por Internet en www.caixanova.es

GALA BENEFICA

DIA:VENRES 13 DE NOVEMBRO

HORA:20:30

LUGAR: TEATRO ROSALIA DE CASTRO ( A CORUÑA)

OBRA: TRANSILVANIA

AUTOR MANUEL LOURENZO

COMPAÑÍA: CARFAX TEATRO.

PRECIO DA ENTRADA: 10 €

Ringleira  0
Aqueles amigos interesados en colaborar coa Liga Reumatolóxica Galega que, non poidan acudir á Gala Benéfica, poden optar por adquirir unha entrada de ringleira 0 facendo unha aportación na conta da Liga.

Para máis información:chamar ó Tlf da Liga 981 23 65 86  de Luns a Venres de 8:00 a 15:00 horas.

jun 02

LAS ENFERMEDADES REUMÁTICAS:PERSPECTIVAS PARA EL SIGLO XXI”

Na semana do 29 de Xuño ao 3 de Xullo a Liga Reumatolóxica Galega organiza este seminario en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, na sede deste Universidade en A Coruña. O curso está codirixido pola nosa Presidenta Doña Rosa Capeáns Carballo e por o Doctor Xenaro Graña Gil, reumatólogo do CHUAC.

Neste seminario se abordarán as doenzas reumáticas dende unha perspectiva integral, tendo coma obxectivo afondar nos principais avances que se están a acadar no eido da Reumatoloxía e da investigación en torno a estas doenzas.

A temática das conferencias e mesas redondas é moi variada: tratamento e farmacoloxía das doenzas reumáticas, sintomatoloxía asociada, manifestacións da enfermidade, impacto socioeconómico; contando coa participación ao longo de todo o seminario con profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional, non só da reumatoloxía, senón tamén da investigación xenética, a mediciña nuclear, a dermatoloxía e o mundo do deporte, entre outros.

Xa está aberto o prazo de inscripción e pódese consultar toda a información sobre o programa completo, a matriculación e a solicitude de bolsas neste enlace:

http://www.uimp.es/uimp/home/homeUIMPdina.php?jcj=ACADEMICAS_FICHA&juj=2003&jpj=IdActividad=7920319&pg=1&orden=6&lan=es