Hosting por dinahosting.
abr 06

En A Coruña e Vilagarcía.

Nas vindeiras semanas darán comezo os grupos de apoio para persoas con doenzas reumáticas e os seus familiares, e os grupos de apoio para nais e pais de nenos con doenzas reumáticas.

O obxectivo destes grupos é crear un ambiente acolledor no que as persoas afectadas por esta problemática podan dispoñer dun espazo de interacción e incrementar os seus recursos para afrontar situacións conflictivas.

Se desenvolverán tres grupos:

- En A Coruña, os grupos de apoio para adultos e familiares se desenvolverán os martes 7, 14, 21 e 28 de abril; e 5, 12, 19 e 26 de maio, de 17 a 19 horas. O lugar de celebración é o Centro Cívico Municipal de San Diego.

-En Vilagarcía, os grupos de apoio para adultos con doenzas crónicas e os seus familiares terán lugar os venres 17 e 24 de abril; 8, 15, 22 e 29 de maio; e 5 e 12 de xuño, en dous horarios: de 16 a 18, e de 18 a 20 horas.O lugar de celebración e o Centro Social O Ramal, Rosalía de Castro, 24, local 6, 2º andar.

-Os grupos de apoio para nais e pais de nenos con doenzas reumáticas se celebrarán en A Coruña, os sábados 18 e 25 de abril; 9m 16m 23 e 30 de maio; 6 e 13 de xuño, de 11:30 a 13:30. O lugar de celebración é o Centro Cívico Municipal de Monelos. Durante as sesións se celebrarán grupos de teatro para os nenos/as, impartidos por Ana Isabel Vázquez Lojo. Para o primeiro día está prevista unha actuación inaugural, coa colaboración desinteresada do Grupo de Jubilados de Caixa Galicia, que representarán obras clásicas co seu guiñol.

Para inscribirvos podedes poñervos en contacto con nós:

Vilagarcía: 664554677 (preguntar por Xosé Lois)

A Coruña: 981236586

Ou ben no correo electrónico: info@ligagalega.org