Hosting por dinahosting.
feb 13

triptico-i-ciclo-conferencias-reumatoloxia-definitivo.doc

O vindeiro día 5 de marzo comenzará en A Coruña o I Ciclo de Conferencias sobre Reumatoloxía, coa colaboración do Servizo de Reumatoloxía do CHUAC  e outros profesionais. As datas confirmadas polo momento son:

Día 5 de marzo, ás 19:00 horas, O Dr. Fausto Galdo falará sobre a importancia da Balneoterapia.

O 17 de marzo,ás 19:30 horas, a Dra. Mercedes Freire falará sobre a Artrite Reumatoide.

O día 3 de abril, ás 19:00 horas, o Dr. Jenaro Graña falará sobre Os Reumatismos Infantís.

O día 17 de abril, ás 19:00 horas, a Dra. Mª Teresa Rodríguez falará sobre As enfermidades oftalmolóxicas nos pacientes reumáticos.

O 30 de abril, ás 19:00 horas, o Dr. Carlos Fernández impartirá unha charla sobre a importancia dunha Alimentación saudable nas doenzas reumáticas.

O día 14 de maio, ás 19:00 horas, a Dra. Natividad Oreiro falará sobre Lupus.

O 28 de maio, ás 19:00 horas, o Dr. José Antonio Pinto fará unha intervención relacionada con outros aspectos de interese nas doenzas reumáticas.

O 11 de xuño, ás 19:00 horas, o Dr. Manuel Giráldez falará sobre a importancia do Exercicio físico nos reumatismos.

As charlas se desenvolverán a partir das 19:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia na rua Médico Rodríguez. ¡CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DE TODOS VÓS! Por favor, si estades interesados inscribídevos no teléfono da Liga, 981236586, para que podamos facer unha estimación do número de asistentes.