Hosting por dinahosting.
ene 16

Como xa anunciamos, o pasado Domingo 4 de Xaneiro no Centro Comercial “Dolce Vita” e o Sábado 10 no Centro Comercial “El Puerto Centro de Ocio” tiveron lugar os actos de celebración da recollida de firmas para a promoción da creación dun Servizo de Reumatoloxía Pediátrica na nosa Comunidade.

O volume de firmas que se conseguiu durantes esas datas ascende a máis de 2000. Gustaríanos dar as gracias a todas as persoas que nos estiveron apoiando e en especial os socios voluntarios que nos acompañaron nos Centros Comercias, desplazándose incluso algúns ata A Coruña xa que residen fora da nosa cidade.

Esta campaña non se pecha con estes dous actos, senón que todavía as persoas que estén interesadas poden solicitarnos follas para continuar coa recollida.